Un Festigal miúdo para a rapazada

Un Festigal miúdo para a rapazada

08 de Xullo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

O Festigal 2015 terá un espazo infantil con obradoiros, actuacións, música e diversión que servirán de escaparate de actividades culturais e creativas feitas en Galicia e destinadas a nenos e nenas. A rapazada poderá gozar o 25 de xullo no Campus Sur de Santiago do "Brinca Vai!", de Paco Nogueiras; do espectáculo "Alegría", de Sergio Tannus; de "O horroroso crime de Xan Mi&ntil

O espazo infantil do Festigal, patrocinado por Galletas Mariñeiras Daveiga, atrae cada edición, centos de nenos e nenas que na tarde do Día da Patria Galega, 25 de xullo, se achegan ao campus sur de Santiago de Compostela para gozar de máis dun cento de actividades programadas para xente de todas as idades na convocatoria organizada polo nacionalismo galego.

Reproducimos a seguir o horario das actividades:

ESPAZO INFANTIL - GALLETAS MARIÑEIRAS DAVEIGA

16h00 Obradoiro de instrumentos vexetais coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos e dinamizado por Emilio Lois

16h30 Obradoiro de bailes e xogos bailados no que se ensinarán bailes e xogos tradicionais galegos coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos e dinamizado por Rebeca Tallón.

17h15 Presentación de Abecedario de A Mesa pola Normalización Lingüística coa participación de Magín Blanco, Óscar Vilán e Mónica Pazos.

17h45 O horroroso crime de Xan Miñoca. Títeres Viravolta

18h45 Presentación de Alegría de SergioTanus

19h30 Brinca Vai!. Paco Nogueiras

Cultura