Un foro analiza en Santiago os impactos negativos do turismo non sostible

Un foro analiza en Santiago os impactos negativos do turismo non sostible

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Procurar un novo modelo de desenvolvemento turístico sostible é o obxectivo do foro posto en marcha polo Museo do Pobo Galego, co apoio da Dirección Xeral de Turismo. Baixo o título de Turismo e Identidade, diversos expertos reflexionaron en Internet durante dous meses sobre os efec

O turismo pode provocar grandes desequilibrios no territorio que o acolle. Os efectos na identidade van desde os físicos, no caso do deterioro irreversible do patrimonio, ata os inmateriais, tales como as modificacións na vida social e cultural dun pobo. Por esta razón, entenden os organizadores do foro, cómpre buscar un modelo de turismo respectuoso, que parta dun pacto establecido entre visitantes e hóspedes.

Esta reflexión resulta especialmente relevante cando Galicia se prepara para recibir máis de 8 millóns de visitantes durante Xacobeo 2010. Os expertos participantes no foro deixarán esta tarde as súas críticas construtivas sobre a celebración do Ano Santo. Un dos coordinadores do evento, Xosé Manuel González Reboredo, deixou nos micrófonos de Radiofusión a súa opinión persoal ao respecto. “O Xacobeo non debería polarizar tanto a imaxe de Galicia en Santiago”, asegurou.

Na sede do Museo do Pobo Galego tomarán a palabra esta tarde o profesor de Antropoloxía da Universitat de Barcelona, Lorenç Prats; o catedrático de Historia da Universidade de Santiago, José Carlos Bermejo; o doutor en Antropoloxía Social da Universidade de La Laguna, Agustín Santana Talavera; o viceconselleiro de Turismo do Goberno Vasco, Francisco Javier Blanco; e o ex-director xeral de Turismo de Chile, Eugenio Yunis.

Sociedade