Un gran agasallo á entrada do cole

Os Casais de Maniños sorprendeu ao alumnado na entrada ao centro
09 de Decembro, 2020 - 03:28 h. | Publicada por Radio Fene

O ceip Os Casais de Maniños (Fene) non renúncia á celebración do Nadal. Alumnado e profesorado terán o seu festival sen mesturarse entre eles. Se baixará o apalpador ou non este ano xa é unha incógnita.

ESCOITA O PODCAST:

Ninguén lles vai quitar a sorpresa que levaron esta mañá aos alumnos e alumnas de Os Casais cando chegaron ao centro. Un enorme agasallo co seu lazo agardábaos no portal de acceso ao recinto escolar. Cada aula empeza a preparar estes dias a súa contribución ao festival que celebrarán o dia 22 de decembro antes de sair de vacacións de Nadal. Segundo nos conta a directora do centro, Lorena Pita, cada aula prepara un programa, xa sexa musical, de baile, narrativo, xornalístico, etc que se mantén en segredo. Cando estea listo gravase. O seguinte paso será que alguén recolla todas as aportacións das aulas e faga a montaxe oportuna. Chegado o dia 22, en cada aula visionarase o resultado final e todos e todas disfrutarán das creacións propioas e alleas. Unha maneira estupenda de disfrutar do conxunto sen ter que mesturar as aulas e mantendo a distancia que ata agora lles permitiu esquivar o virus. Cruza os dedos Lorena Pita para seguir como ata agora evitando contaxios no centro no que non se presentou ningún caso. Sobresaínte no primeiro trimestre. Saúde e Bo Nadal.

Sociedade

Publica o teu comentario agora