Un gran festival en Limodre

Un gran festival en Limodre
07 de Agosto, 2024 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

Un gran festival que non quere ser un festival grande. O Felicia pop comeza  a soar mañá xoves. Roger e Bernard ofrecerán a previa o xoves ás dez e media da noite na escola de Limodre. O festival terá unha lembranza especial para José Ardá, fotógrafo e veciño de Limodre, recentemente falecido. Nicolás Vidal da organización veu hai uns dias a Radio Fene para falar da preparación do festival que se celebra no Parque da Hortiña de Limodre.

ESCOITA O PODCAST:

Nicolás Vidal fala do Felicia pop 2024:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/190724VIDAL.mp3

A organización do festival musical de Limodre dicía hai vinte anos, en 2004: “Quede claro dunha maldita vez: o noso é unha festa do pobo: do pobo pop. Xa que estatisticamente somos improbábeis, a nosa opción pasa por erixirnos como aldea prometida, refuxio dos apátridas do pop”. O festival naceu como Felipop en 1998 no local social de Limodre en Fene. Andando o tempo cambiou de nome polo de Felicia pop. Pero como dicían hai vinte anos: O noso é exaltar as incomparábeis virtudes dunha minoría absoluta.

 

 

Imaxe da autoría de José Ardá

(Fotógrafo e veciño de Limodre falecido que será homenaxeado este ano no Felicia pop)
 

Cultura

Publica o teu comentario agora