Un gran submarino de cartón

Un gran submarino de cartón
10 de Febreiro, 2026 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio plurilingüe Centieiras de Perlío en Fene celebra este mércores, 11 de febreiro, o Dia da Muller e da Nena na Ciencia. cun proxecto para achegar o alumnado as mulleres científicas. A iniciativa inspirouse na figura de Sarah Mather -a inventora do telescopio submarino- e contou coa colaboración da arquitecta Laura Rey Rico, antiga integrante da comunidade educativa. Desde infantil ata sexto de Primaria construiron un submarino e un periscopio en cartón con pezas Makedo. 

 

 

Durante varia semanas traballáronse conceptos científicos, matemáticos e de resolución de problemas, nun ambiente de gran ilusión. O submarino está agora exposto na entrada do Colexio Centieras de Perlío en Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora