A fachada do Obradoiro concebiuse como un grande expositor de santos que resaltaba publicamente o rango de gran relicario que tiña a basílica. Así coronando o estribo da torre norte, aparecen as estatuas de Santa Susana e San Xoan Evanxelista. Sobre a balaustrada de pedra do contraforte da torre Sur, dispoñense as estatuas de Santiago Alfeo e Santa Bárbara.
A catedral reforza o pensamento máxico propio da cultura barroca. A estratexia propagandística ben definida combina o populismo e a tradición xacobea. Como un auténtico retablo didáctico, o Obradoiro amosa ao pobo, a tradicións xacobeas, presentando a historia do Señor Santiago como un modelo de vida para os fideis que a contemplan. O Apostolo aparece ante os seus devotos vestido de peregrino, con sombreiro, esclavina, bordón e cuncha de vieira, e levando un libro na man que indica a súa condición apostólica.
A fachada é un verdadeiro teatro arquitectónico que manifesta a apoteose do apostolo Santiago. Nela a columna non só decora, senón que “condecora” ao edificio. Valórase o ritmo ascensional e o efecto escenográfico do edificio.
Nas torres que enmarcan a fachada, prima a idea do macizo pero na parte media, desprégase o grande Espello, unha pantalla luminosa colocada por Fernando de Casas Novoa para protexer o Pórtico da Gloria e lgorar que a nave do século doce e as tribunas reciban a máxima iluminación. É un dos maiores vidros de ventá na histoira da arquitectura anterior á revolución industrial. Anque a fachada ten tres partes ben definidas- dúas torres e unha grande portada presidida por un enorme espello- en dodo momento o seu arquitecto pretende fusionalas utilizando un formato cóncavo. A fachada convírtese no gran arco de trunfo que dese a benvida aos fideis que desde lonxanzas terras viñan a rendir homenaxe de fe diante do sepulcro apostólico. Todo contribue a realzar a idea de verticalidade. O arquitecto e mestre de obras da catedral Fernando de Casas Novoa falece o vintecinco de novembro de 1749. Rematará a fachada o aparellador Lucas Ferro Caaveiro para proceder á súa inauguración oficial o 25 de xullo de 1750.
FERNANDEZ GONZALEZ, ALBERTO. Fernando de Casas, Arquitecto en Compostela. Consorcio de Santiago. Nigratea. Santiago, 2008.
GARCIA IGLESIAS, XM. Fernando de Casas Novoa. Xunta de Galicia. A Coruña 1993.
HERMIDA GONZALEZ, LUIS. Fernando de Casas y Novoa. Contexto,formación e obra. Santiago. 2007.