Un home mata á súa muller nun hospital de Ourense

Un home mata á súa muller nun hospital de Ourense

08 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Novo caso de violéncia de xénero en Galicia. Unha muller, M. I.F.F. (66 anos), morreu á primeira hora desta mañá no Complexo Hospitalario de Ourense despois de recibir varias coiteladas do seu home, Aniceto Rodríguez, de 76 anos. O suceso aconteceu arredor das sete e dez da mañá. A muller atopábase ingresada desde o tres de abril e espertara do coma no que se atopaba e recuperaba aos poucos a mobilidade pero aínda non podía fal

O motivo do seu ingreso foran as feridas recibidas  cando lle agrediron na súa casa de Verín. A Garda Civil confirma que desde que desde un principio tiveron indicios de que se trataba dun caso de violencia de xénero, a pesar de que as declaracións da vítima apuntaban a un caso de agresión por roubo.

Segundo fontes hospitalarias o home da vítima se autolesionou e está a ser intervido nun dos quirófanos do hospital. As Forzas de Seguridade investigan os feitos.

Sociedade