ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O vello cine Adriano é obxecto do proxecto final dun Master de rehabilitación arquitectónica. Unha alumna deste master, Estefanía Sánchez, pensou nel como inmoble ideal para acoller un hotel. E este un dos múltiples usos que, segundo a arquitecta, se lle podería dar porque ofrece moitas posibilidades. Entre os inmobles que na comarca están na mesma situación de acabar sendo unha ruina, Estefanía pensou no cine fenés.
A sua ubicación con vistas á ría, a distribucion do espacio interior, as vivendas acopladas ao edificio, a terraza superior e os amplísimos sotos inferiores fixeron pensar á arquitecta no Adriano como un hotel con servicios de spa, tendo en conta ademais as carencias que a comarca ten de prazas hoteleiras fora da propia cidade de Ferrol. O proxecto , a piques de rematarse, quedará como unha idea, no papel, pero é un exemplo da relevancia que ten a rehabilitación de edificios como o Adriano de Barallobre, hoxen día á venda, que non deberían quedar no esquecemento.
O cinema Adriano foi a primeira sala de Fene concebida exclusivamente para proxeccións cinematográficas. Promoveuno José Fernández Fernández, elaborando o proxecto o arquitecto V. García Lastra. A planta baixa tiña un patio de butacas con 172 asentos. Entre palcos, anfiteatros e entrada xeral completábase un auditorio que daba cabida a 389 persoas. O "Nuevo Cine Adriano" inaugurouse o 25 de decembro de 1947 coa proxección da película "El enemigo público número uno". O edificio acollía tamén vivendas, espazos para negocios e un amplo sotano onde funcionou unha carpintería.