Un humor que non lle cadraba

Un humor que non lle cadraba
29 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A loita de Castelao fronte ao costumismo está presente no novo traballo de Xesús López Piñeiro titulado Castelao. Plástica e pensamento 1903-1916. Este xoves falamos no clube de lectura de Radiofusión co escritor e historiador de Pontedeume sobre a súa obra editada por Galaxia.

 

ESCOITA O PODCAST:

Castelao estaba inmerso nunha sociedade conservadora e por iso comezara a traballar dentro do costumismo pero anos máis tarde dixo que renegaba daqueles debuxos que fixera porque se dou conta que estaba colaborando co costumismo, co máis retrógrado que había na sociedade galega. Estaba facendo un tipo de humor que lle facía gracia ás xentes das vilas, das cidades e ía en contra da maioría social galega que eran os labregos”, asegura Xesús López Piñeiro, autor de Castelao. Plástica e pensamento 1903-1916.

Cultura

Publica o teu comentario agora