ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un incendio calcina o interior dunha nave industrial na área de Vilar do Colo, en Cabanas. O incendio desatouse a primeiras horas da mañá provocando unha intensa fumareda.
Un incendio no polígono de Vilar do Colo tivo movilizadas esta mañá a catro dotacións de bombeiros de Ferrol, Ges Mugardos, As Pontes e A Coruña. Un fume moi abundante chamaba a atención en toda a contorna. O incencio desatouse nunha nave do polígono, na zona de Cabanas a primeiras horas da mañá. Trátase da empresa Ecoxestion de subproductos S.L., adicada a reciclaxe, entre outros materiais, de toner, o que fai máis difícil a extinción das chamas. O aviso chegoulle a Protección Civil de Fene ás sete e dez minutos.
No interior da nave hai material inflamable e perigoso, segundo fontes dos bombeiros. Protección Civil de Fene e Garda Civil tamén se encontran no lugar. Hai uns minutos a nave seguía ardendo vivamente. A nave sinistrada está situada ao lado de Distribución Seoane e Hijos. Os bombeiros temían esta mañá que o lume afecte ás naves colindantes. A Garda Civil montou un cordón na zona para evitar o acceso de curiosos e facilitar o traballo dos bombeiros.
Publica o teu comentario agora