Un incendio en Monforte provoca o desaloxo de varias vivendas

Un incendio en Monforte provoca o desaloxo de varias vivendas

21 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Un incendio declarado esta madrugada no municipio de Monforte (Lugo) calcinou un bar e o piso situado encima, no que non había ninguén, e obrigou a desaloxar as vivendas lindeiras por precaución, pero sen rexistrarse feridos. Uns minutos antes da 1.00 horas o 112 foi alertado dun incendio rexistrado no número 17 da Praza de España, en Monforte, segundo informou o servizo de emerxencias. O lume comezara supostamente na campá extractora dun bar debido á acumula

Ao lugar acudiu o Grumir de Chantada cunha motobomba, así como efectivos de Protección Civil de Monforte, Policía Nacional e Policía Local, que se encargou de desaloxar as vivendas lindeiras por precaución.

Os Bombeiros de Monforte indicaron que o lume quedou controlado sobre as 2.00 horas e finalmente foi extinguido sobre as 3.40 horas. Segundo precisaron, queimouse o edificio --o baixo onde estaba o bar e o piso superior-- que era de madeira. Tres horas despois os bombeiros seguían realizando tarefas de limpeza na zona.

GRANXA DE PITOS

Ademais, a pasada madrugada rexistrouse outro incendio nunha granxa de pitos situada no lugar de Meilás, na parroquia de Cortegada, na localidade ourensá de Sarreaus.

O 112 mobilizou aos Bombeiros de Xinzo, Garda Civil e Protección Civil, aos que se sumaron a motobomba do Concello e a Policía Nacional.

Os bombeiros explicaron que ardeu palla que estaba almacenada no interior e parte do tractor que se atopaba dentro da nave, pero as aves non sufriron danos. Pasadas as 6.30 horas o lume quedou extinguido e unha dotación de bombeiros permaneceu no lugar realizando tarefas de refrixeración e retirando palla do almacén.

LUME EN FÁBRICA DE ROUPA

Así mesmo, a pasada medianoite o 112 foi alertado doutro incendio nunha antiga fábrica de roupa na localidade coruñesa de Boiro, situada na confluencia da Rúa Cruceiro coa Rúa Nova.

Acudiron ao lugar do suceso efectivos dos bombeiros, Protección Civil cunha motobomba. ás 00.17 horas confirmaron que o lume estaba controlado e ardera un andel e papeis. Segundo apuntaron, supostamente o lume puido ser causado por un indixente que se atopaba no lugar.

Sociedade