Un intenso desasosego

Un intento desasosego
09 de Abril, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“A parte fácil” de Ismael Ramos, vai ser un dos mellores libros do ano, segundo a libreira Mercedes Corbillón, de Cronopios, de Pontevedra. As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Algún dos relatos provoca un intenso desasosego. O narrador xoga a cambiar a perspectiva da persoa lectora, segundo Ismael Ramos.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe
Escoita aquí ao escritor Ismael Ramos
http://173.255.131.18/audio/050423RAMOS.mp3

Fotografía Xan Xe

Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis. Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.

Cultura

Publica o teu comentario agora