Un lance confuso

Un lance confuso
15 de Xaneiro, 2024 - 10:01 h. | Publicada por Radio Fene

Sen goles rematou o partido de fútbol entre o Barallobre e o Cebarca.  Na mañá do domingo no campo do Ramo, o segundo e o terceiro clasificado da Segunda Galicia repartiron os puntos. “O terreo de xogo non axudou a ningún dos dous equipos” salienta o adestrador do Barallobre Borja Mesa. “Foi complicado e difícil xogar e houbo poucas ocasións de gol. O empate sabe a pouco” conclúe Mesa.  Barallobre 0 Cebarca 0. O equipo do Ramo é cuarto con trinta puntos. “Todo o que non sexa clasificarse entre os tres primeiros, será un fracaso”.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador da S.D.Barallobre Borja Mesa

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/150124MESA.mp3

Fotografia Xan Xe

O Barallobre visita a próxima xornada ao Capela no campo dos Calzados.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora