Un longo camiño

Un longo camiño
23 de Xuño, 2022 - 01:32 h. | Publicada por Radio Fene

Lenda Ártabra e Treixadura amenizarán a cita do sábado 25 en San Xiao de Narón. O programa incluirá unha sesión de xogos tradicionais, sardiñada e churrascada. Os tickets poden adquirirse no local social de San Xiao entre as seis e media e as oito e media da tarde de mañá martes, o mércores e o xoves. Tamén poderán mercarse o mesmo sábado entre as cinco e as oito da tarde no campo da Festa. Lenda Ártabra e Treixadura actuarán desde as nove e media da noite nas inmediacións do Centro Cívico Social de San Xiao. 

ESCOITA O PODCAST:
Novo disco de Treixadura

Treixadura puxo á venda Camiño longo, un libro disco recopilatorio dos seus 30 anos de carreira. Este traballo fai un percorrido artístico, visual e histórico da súa dilatada carreira musical. Inclúe dezasete cancións e máis de cen páxinas da historia do grupo. Treixadura vendeu preto de 50.000 discos nun xénero non maioritario como é a música tradicional. Conta coa colaboración do coro da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos. É un grupo recoñecido pola súa recuperación do patrimonio cultural galego e polo seu reto de achegar o trad a novos públicos. 

Cultura

Publica o teu comentario agora