ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra non se xulga nin se obriga a ninguén. Son benvidas todas as persoas con problemas de alcoholismo que se queiran achegar. Alí comparten vivencias como as que narraron en Radio Fene Miguel e Sergio.
As fugas xeográficas, coas que as persoas alcohólicas pretenden comezar unha nova vida, pensando que poden deixar atrás a enfermidade, son unha experiencia común. Desde os 20 anos Serxio viaxou por toda España e tamén por outros países. Conta que ao principio de instalarse reprimiase un pouco, pero estivera onde estivera sempre acababa bebendo.
Fugas xeográficas e lagoas mentais son fenómenos comúns ás persoas alcohólicas. Botar toda a noite por aí, aparecer ás 10 da mañá e non saber que o que pasou, co medo que produce iso, relata Miguel.
Publica o teu comentario agora