ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Actívase o sector inmobiliario en Fene. “Unha boa noticia”. Así é como valora o concelleiro de Urbanismo de Fene, Manuel Polo, a intención da inmobiliaria Prosema de construír vivenda nova na avenida Naturais, no solar dos números 21-23, aproveitando o esqueleto do edificio que quedara a medias cando se produciu a crise inmobiliaria.

Se nada se torce, pronto desaparecerá un dos esqueletos que deixou en Fene, na avenida Naturais, o estoupido da burbulla. A empresa Prosema de Ferrol proxecta aproveitalo para construír 15 vivendas, de dous e tres cuartos, garaxe e trasteiros. Manuel Polo explicou que a empresa interesouse por varias posibilidades e ao final decantouse por facerse con esta estrutura, que levaba moitos anos parada. Chegou a supoñer un perigo e foi valada por orde do Concello, que tamén tivo que ordenar no seu día a limpeza da parcela.
“Unha boa nova”, di o concelleiro de Urbanismo, que lembrou, ademais, a operación coa que o Concello se fará con terreos da antiga Sareb en Fene e Maniños. Apunta que está habendo tamén moito interese na construción de vivenda unifamiliar. “Cónstame que está habendo compras de parcelas para vivenda unifamiliar, por exemplo en Magalofes, é unha boa nova para fixar poboación en todo o concello, non so na zona urbana”, destacou.
Xunta e Goberno pasivos
A vivenda é unha preocupación da cidadanía que comparte o concelleiro de Urbanismo. Aféalle Manuel Polo á Xunta, que ten as competencias en vivenda, que non mova ficha en Fene, malia terlle posto terreos á disposición o Concello. Tamén lamenta que non actúe na práctica o Goberno central, do que censura a falta de resposta ás demandas da administración municipal, por exemplo no referido á cesión de terreos para o centro de saúde. “Grazas á intervención de Néstor Rego logramos ter unha videoconferencia coa directora de Casa 47, démoslle toda a información e aí morreu o conto, é moi lamentable, pero responder non responde”.
Publica o teu comentario agora