ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Seguridade en Fene. Os datos de criminalidade en 2024 sitúan a Fene como un municipio seguro. Así se puxo de manifesto na xuntanza sobre seguridade que presidiron o alcalde, Juventino Trigo, e a subdelegada do Goberno, María Rivas, segundo informou o rexedor.

Fene ten unha taxa de criminalidade “moi por debaixo da media”, segundo os datos analizados na Xunta Local de Seguridade celebrada na Casa do Concello. A taxa é de 19 delitos por cada mil habitantes. Unha cifra de delitos moi inferior á media provincial, que se sitúa en 38 delitos por mil. Tamén se falou na xuntanza sobre violencia de xénero, no que tamén hai menos casos en Fene, pero iso non fai baixar a garda ao alcalde. “Sempre que haxa un caso é unha grave preocupación”, destacou o rexedor, que insistiu na necesidade de traballar desde a infancia para previr o machismo. Na Xunta Local de Seguridade tamén participaron a concelleira de Seguridade, Sandra Permui, e representantes da Garda Civil, de Tráfico, e as policías Local e Autonómica.
Obras
O Concello de Fene inicia as obras de mellora da rede de pluviais e pavimentos en Buios, unha actuación da que deu detalles o alcalde que visitou a zona antes do comezo dos traballos xunto co concelleiro de Obras, Manuel Polo. As actuacións, financiadas con cargo ao POS+ 2024, foron adxudicadas por 179.740,26 euros. Teñen un prazo de execución de tres meses.
Publica o teu comentario agora