Un lustro de reflexión arredor da nosa nova vida dixital

Un lustro de reflexión arredor da nosa nova vida dixital

29 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

#NEThinking regresa á Illa de San Simón, no concello de Redondela, para celebrar a quinta edición deste foro de referencia baseado no debate multidisciplinar e aberto sobre o contorno dixital que se desenvolverá hoxe venres e mañá sábado. Promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretar&iacut

Este ano enriquecerán o caudal crítico e creativo do encontro a investigadora e consultora Estrella Montolio, que introducirá o tema da chamada “linguaxe clara”. Tamén debuta o guionista e comunicador José A. Pérez Ledo, un dos principais influencers na blogosfera con mimesacojea. O fenómeno e os límites do humor na rede serán abordados por dous dos cómicos que máis partido teñen sacado da comedia en liña, Alberto Casado e Rober Bodegas. Outra das revelacións do contorno dixital, a revista ‘Jor Down’, terá a súa representación co columnista Manuel de Lorenzo. Tamén nesta edición volve sentar ante as cámaras de #NEThinking o escritor e analista Antón Losada, que centrará o debate sobre a información e a propaganda.

Grandes preguntas

Reflexións arredor de grandes preguntas sobre o contorno dixital como quen somos, de onde vimos ou cara a onde imos abrirán o encontro o 29 de maio, para continuar formulando unha nova cuestión, sobre a que se vén incidindo case desde os albores do xurdimento dixital: somos escravos das tecnoloxías? Xa na xornada do sábado, na que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, visitará na illa o equipo #NEThinking, abordaranse outros temas que centran o debate actual como o uso que se lles dá ás redes sociais, os modos de escribir en internet, os límites do humor na rede ou a información e propaganda virtuais.

Entre os participantes deste ano tamén figuran artistas, creadores e comunicadores como a guionista, xornalista e escritora Raquel Martos, que para esta edición propón introducir no debate voces externas de xornalistas, políticos, communitys e usuarios anónimos de Twitter para saber como utilizan as redes sociais.

A quinta edición tamén contará de novo con recoñecidos e activos blogueiros como José Jiménez Moltó (Kurioso); editores de medios dixitais e expertos en redes sociais como Ismael El-Qudsi (IntrernetRepublica) ou Eduardo Arcos Hipertextual); consultores como Mario Tascón (Prodigioso Volcán) e Antonio Delgado (@redada); así como o director xeral da Fundèu, Joaquín Müller; o director de Zona Noroeste da SGAE, Juan Carlos Fdez. Fasero, e os profesores Miguel Ángel López (Hematocrítico) e Joaquín Rodríguez.

Cultura