Un magosto, nun inmellorable marco: O Parque da Torre de Celas

Un magosto, nun inmellorable marco: O Parque da Torre de Celas

21 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Castañas asadas, touciño á brasa, viños novo e queimada no fermoso entorno da Torre de Celas de Culleredo. Estos son algúns dos manxares que se poderán degustar no magosto que se celebra na parroquia de Celas de Culleredo o vindeiro sábado. Unha xornada festiva organizada pola Concellería de Cultura e a Sociedade Cultural e Deportiva “O Cruceiro” de Celas. Ademais de gastronomía o magosto contará con música e actividade

O Parque da torre de Celas acollerá este sábado a Gran Festa do Magosto, como ven sendo habitual nos últimos anos. As castañas asadas acompañaranse con touciño á brasa, viño novo e como non unha queimada para recrear esta celebración que se remonta á época celta. 

O grupo de gaitas “ Catalmibre” e o Grupo instrumental de maiores de Culleredo arrufarán o festexo que comezará ás seis e meida da tarde. Amais haberá baile amenizado pola orquestra “Los españoles”.

Os nenos/as poderán desfrutar na carpa medieval con obradoiros e inchables para facerlles máis divertida a festa.

Durante a xornada inaugurarase a Polideportiva cuberta do Recinto da Torre á que asistirá o Alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.

Sociedade