Un manifesto para vetar María Pita aos “nostálxicos do franquismo”

Un manifesto para vetar María Pita aos “nostálxicos do franquismo”

23 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Unha dereita como a da Coruña é difícil de atopar en Galicia, é unha dereita que aínda non rompeu o cordón umbilical co franquismo”. Así, sen ambaxes, xustificou en Radiofusiòn o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, Manuel Monge, o manifesto “Non podemos calar”. Trátase dun texto impulsado por unha plataforma cívica que anima a exercer

Monge desbota que haxa contradicións entre facer un chamamento ao voto que, ao mesmo tempo, teña por finalidade primeira negar o trunfo dunha determinada opción política. Xustifica esa ambivalencia porque “pode haber unha abstención importante que beneficie á dereita”. Tanto o voceiro como o propio texto do manifesto evitan precisar quen representa aos “nostálxicos do franquismo”, se ben explica que “cadaquén pode sacar conclusións”. “Preséntanse como o cambio, pero son os de sempre”, engade, nunha referencia inequívoca ao slogan da campaña para as municipais do Partido Popular. 
Entre os pecados que os promotores de “Non podemos calar” sinalan como “unha hipoteca por moito anos sobre o futuro da Coruña” por parte duns partidos “vinculados á dereita máis extrema”,  figuran a negativa expresa dalgúns candidatos a retirar os restos de simboloxía franquista presentes na cidade (o último escudo permanece no propio edificio consistorial), ou a oposición á normalización lingüística. “Propugnan unha marcha atrás, queren fracturar á sociedade”, acusa Manuel Monge. 
Entre os asinantes do manifesto figuran membros da listas electorais que comparecen aos comicios na capital coruñesa, como o propio presidente da Comisión da Memoria Histórica, inserido na candidatura do BNG, ou a avogada Mari Luz Canal, de Esquerda Unida. Porén, queren marcar diferenzas. Monge resolve así o suposto conflito de intereses: “Definímonos como plataforma cidadá apartidaria, mais iso non quere dicir que sexamos apolíticos. Todos somos políticos, pero non pedimos o voto para ninguén, iso xa o piden os partidos. Trátase de asumir as nosas responsabilidades como cidadáns”.
Institucional