Un mapa da loita obreira

Un mapa da loita obreira
03 de Novembro, 2021 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

A historia obreira de Ferrol poderá percorrerse cun mapa explicativo. A elaboración corre a cargo da asociación “Rexenerando” coa financiación da Deputación. Querese dar a coñecer a iniciativa, invitar á participación na elaboración do traballo, para que sexa colectivo e pegado á realidade. 

ESCOITA O PODCAST:
Manifestación obreira en Vigo. Fotografía: Xan Carballa

A primeira República proclamouse no Concello de Ferrol en 1872. A experiencia só durou uns dias. Pero Ferrol tamén foi unha das tres primeiras cidades da península en contar cun concelleiro socialista, segundo salienta Olga Romasanta, de Rexenerando.
As fontes orais son relatos vivos e poden complementar o labor de xentes que van aos arquivos ou as hemerotecas. Nese terreo destacan investigadores como Bernardo Maiz ou Eliseo Fernández. O proceso de elaboración do mapa da historia obreira de Ferrol presentaráse nun acto o luns dia 8 de novembro ás sete da tarde no Ateneo ferrolán. As aportacións poden realizarse ata o 23 de novembro a través da web rexenerando.com

Cultura

Publica o teu comentario agora