Un mariñeiro morre nun naufraxio no Porto do Son

Un mariñeiro morre nun naufraxio no Porto do Son

29 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O patrón do barco Furacán faleceu esta madrugada tras naufragar o pesqueiro a media milla da costa en Porto do Son (A Coruña). Outras embarcacións rescataron aos outros dous tripulantes que sairon ilesos.  

Un mariñeiro faleceu esta madrugada tras naufragar un pesqueiro fronte á costa de Portosín no concello de Porto do Son (A Coruña), accidente no que os outros dous tripulantes do barco foron rescatados, informaron fontes de Salvamento Marítimo. O suceso produciuse sobre as 03.15 horas da madrugada, cando o pesqueiro "Furacán" envorcou nun momento de forte vento preto da costa. Dous dos tres tripulantes do barco foron rescatados por outras embarcacións que faenaban na zona. O patrón do barco desapareceu nun primeiro momento, pero arredor das 8,30 da mañá o seu corpo foi avistado e rescatado polo dispositivo de emerxencia desplegado na zona.

Sociedade