ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A imaxe de San Ramón roubada do adro da igrexa de Sillobre apareceu no peirao de Perlío. Un mariscador atopouna cando se atopaba traballando co raño nas inmediacións da entrada da antiga Imenosa. A través de Cáritas entregoulla ao crego da parroquia quen a ten neses momentos en exposición na igrexa. A imaxe está rota co corpo por un lado e a cabeza por outro.
A cabeza está rota e fáltalle parte do cráneo ainda que a cara permanece intacta. Ten posibilidades de restauración, segundo manifestan directivos da Asociación Veciñal que esta mañá comunicaron o achádego no posto da Garda Civil, quen indicou que continuará coas investigacións para intentar localizar aos autores do roubo. A imaxe, de pedra e realizada polo escultor Guillermo Feal, desapareceu da fonte ubicada no adro parroquial no pasado mes de xullo. Ante a desaparición, a artista ferrolán Mari Carmen Sendón pintou e doou outra talla do San Ramón. Agora á falta de un, Sillobre terá duas imaxes do santo.