Un marrón

Un marrón
05 de Setembro, 2024 - 06:10 h. | Publicada por Radio Fene

O rexeitamento á suba de canon de Sogama, sobre o que debaterá o Pleno municipal de Fene este xoves, e os plans da súa Concellería son temas sobre os que se pronunciou a voceira de Esquerda Unida e responsable de Medio Ambiente, Mari Carmen Martínez, na primeira edición do espazo As Foxas da nova tempada en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Non é de recibo”, opina Mari Carmen Martínez sobre o aumento do canon que pagan a Sogama os concellos pola xestión dos residuos. “Parécenos unha barbaridade, vai repercutir na veciñanza, suporía un incremento do 50 ou do 60% no recibo do lixo”. Os concellos están en pé de guerra por este problema, ao que se engade “outro marrón”, ironizou a concelleira de Medio Ambiente. “Estamos á espera do contedor marrón que é outro tema moi custoso, vémonos na obriga de implantalo e sen partida económica que acompañe esas medidas”. A responsable municipal de Medio Ambiente tamén anunciou a súa intención de comezar os traballos de podas e a limpeza do río nas primeiras semanas do outono. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora