Un mesmo destino para cinco camiños

Un mesmo destino para cinco camiños
05 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Ambiental, artístico, ambiental, local, social e o teu camiño son as cinco rutas sobre as que camiña a cooperativa Camiño Circular da Estrada. Todos eles teñen o mesmo destino, tal e como explica Mar Blanco, unha das súas fundadoras, en Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

Camiño Circular é unha cooperativa de economía social, deseño e execución de proxectos de desenvolvemento local en diferentes eidos como o medioambiental, a dinamización económica ou o benestar social creada na Estrada por tres mulleres. “Tiñamos a necesidade de emprender nun traballo que nos motivara e de aí que nos puxeramos mans á obra para deseñar un proxecto de negocio ao que lle demos forma de cooperativa porque pensamos que temos que avanzar de cara a unha sociedade máis xusta e máis igualitaria”, asegura Mar Blanco, unha das súas fundadoras. O desenvolvemento sostible, saudable e solidario do noso rural, das nosas comunidades e da nosa contorna é o destino dos cinco camiños que hoxe coñecemos en Onda ODS.

Na imaxe, Mar Blanco (Fundadora de Camiño Circular)

Sociedade

Publica o teu comentario agora