ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
David Bailey foi un mestre do retrato musical. Posuíu unha comprensión instintiva do que podía conmover a xente da música. Os seus primeiros traballos dos Beatles e os Rolling Stones capturan con precisión as diferenzas entre as dúas bandas. A súa composición Box of pin-ups (1965) retrata trinta e seis membros da escena de Londres e constitúe a peza central da exposición que se pode visitar ata setembro no Porto da Coruña.

Bailey retrata aos músicos con encadramentos moi axustados á cabeza e aos ombreiros, contra un fondo branco fortemente iluminado. Box of pin-ups supón a grande achega de Bailey á fotografía dos anos sesenta. E a súa estética recupérase no video que recibe aos visitantes da mostra Changing Fashion. Ata o 14 de setembor de 2025 en www.themopfoundation.org
Publica o teu comentario agora