Un mestre que deixou pegada

Un mestre que deixou pegada
29 de Xuño, 2022 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

Manuel Cendán saca á luz un segundo poemario titulado Terra e Mar. O pensamento crítico que espertou no autor naronés o Instituto de Fene volve a estar presente nesta obra. Cendán lembra especialmente a pegada deixada polo seu mestre de galego, Alexandre Ripoll.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/290622CENDAN.mp3

 

Fotografía: Xan Xe Corral

O profesor fenés inculcou a Cendán o amor polas cantigas de amor medievais. Agora, esa influencia queda clara nos poemas de Terra e Mar. Manuel Cendán chegou á poesía grazas á súa etapa de estudante en Barallobre pero, tamén, a través da música. Das características do seu novo libro falaremos co autor este xoves no club de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora