ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Moeche levou os tres puntos ao vencer por 3-1 ao Maníños B nun encontro correspondente á Terceira Futgal onde todos os goles se concentraron na segunda parte. O adestrador do filial branco, Manuel López, analizou o choque sinalando que as perdas e as imprecisións marcaron o devir dos 90 minutos. Segundo apuntou López, o encontro estivo condicionado "polas alturas da competición na que nos atopamos".

"Poderiamos dicir que foi un partido de pretempada aínda, os dous equipos moi lentos, aproveitando cada un os erros do rival". Nese intercambio de imprecisións, o cadro local estivo máis acertado de cara a portería para amarrar o triunfo, ante un Maníños B que tamén logrou ver porta tras un fallo do rival. A pesar da derrota ante un rival que López sitúa "arriba de todo" polo potencial do seu plantel, o corpo técnico ten claro o camiño a seguir. O nivel do equipo debe ir subindo "pouco a pouco, partido a partido". O adestrador fala da estrutura do Cultural Maniños. É un club moi consolidado.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora