Un Montañeiros moi combinativo visita este sábado Narón

Un Montañeiros moi combinativo visita este sábado Narón

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Montañeiros é un equipo moi combinativo. Nós teremos que presionar arriba para non deixarlle xogar, segundo salienta o porteiro do Narón Diego Rivas. Ao equipo da Coruña faltánlle 3 puntos para clasificarse de xeito matemático para a fase de ascenso.

Seguro que queren gañar para asegurarse canto antes o play off, afirma o cancerbeiro ferrolán. O Narón recibe ao Montañeiros mañá sábado ás cinco e media da tarde no estadio de Rioseco. Trátase da trixésimo cuarta xornada da Terceira División de fútbol.

Deportes