Un motorista morre tras chocar contra un autobús escolar en Ordes

Un motorista morre tras chocar contra un autobús escolar en Ordes

25 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

 Un home faleceu esta mañá tras chocar a moto que conducía contra un autobús de transporte escolar na localidade coruñesa de Ordes. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ás 8.34 horas desta mañá na estrada que une Ordes e A Coruña, no lugar de Merelle, cando a moto chocou contra o autobús e introduciuse debaixo deste, quedando o motorista atrapado.

Ao lugar do suceso desprazouse unha dotación de Bombeiros para liberar ao home así como efectivos do 061, que só puideron certificar a morte do motorista. No autobús viaxaban unha vintena de escolares de entre 16 e 18 anos que se dirixían ao IES Nº1 de Ordes. Ningún dos estudantes resultou ferido e puideron rematar o seu camiño a pé, xa que se atopaban a uns 500 metros do centro.

ATROPELO PEÓN

   Por outra banda, na noite de onte produciuse un atropelo na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal que se saldou coa morte da viandante.

   Segundo explicou a Garda Civil de tráfico da Coruña, o suceso ocorreu sobre as 21.15 horas da pasada noite no quilómetro 30,7 da estrada AC-305, cando a muller, N.R.R., de 75 anos, irrompeu na calzada e foi atropelada por un vehículo. Como consecuencia das feridas, a vítima faleceu.

Sociedade