Un mundo baixo a auga

Un mundo baixo a auga
22 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fotografía submarina e práctica do mergullo na oferta deportiva do Concello de Fene para os primeiros días do verán. Destas dúas actividades informou en Radio Fene o concelleiro de Deportes, Adán Chao.

ESCOITA O PODCAST:

Fene estrea o domingo, día 23, o seu programa de actividades deportivas de verán co Campionato de Fotografía Submarina de Fene. Os participantes embarcarán no peirao de Barallobre, de onde sairá tamén a embarcación de apoio desde a que poderán presenciar as inmersións as persoas que se anotaron no servizo municipal de Deportes. 

Outra iniciativa do Concello en colaboración co Clube de Actividades Subacuáticas Nautilus son as xornadas de mergullo. O concelleiro informou de que xa está aberto o prazo para anotarse. A actividade infantil, para nenos e nenas de 10 a 14 anos, é gratuíta. Terá lugar na piscina municipal de Centieiras o 29 de xuño de 17 a 18 horas. O prazo de inscrición pecharase o 27 de xuño. Para maiores de 14 anos, haberá dúas sesións. A primeira xornada, o 29 de xuño, terá lugar na piscina municipal, de 18 a 20 h, e o día 6 de xullo, será a segunda, na praia de Chanteiro de 10 a 13 horas, en dous grupos de dúas horas e media. Neste último caso, a actividade celebrarase sempre e cando as condicións do mar o permitan. A cota é de 6,25 euros.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora