Un mural para Muruzábal

Un mural para Muruzábal
29 de Maio, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Eume

Os sindicalistas Xosé Luís Muruzabal e Miguel Angel Dominguez subiron á cheminea das Pontes en 1975 como forma de protesta polo despedimento de 1.200 traballadores das compañías auxiliares. A súa permanencia de 36 horas a máis de 300 metros de altura converteuse nun emblema da loita obreira. 

ESCOITA O PODCAST:

Xosé Luís Muruzabal falando en Radio Fene sobre o final da ditadura de Franco:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/280525MURUZABAL.mp3

 

Fotografia Xan Xe

Subíronse á cheminea Xosé Luís Muruzabal e Miguel Angel Dominguez Bolaños o 25 de agosto de 1975. Pedían a apertura do diálogo e a readmisión dos despedidos. Xosé Luís Muruzabal, ,xa falecido, falou en Radio Fene en 1997 daquelas protestas e mais da folga da construción de 1976. Eran os últimos momentos da ditadura.

Muruzabal naceu en Navarra e se trasladou a Ferrol tras os sucesos de 1972. Participou de forma activa nas protestas dos traballadores das Pontes e na folga da construción de 1976. Posteriormente se incorporou á CIG, foi avogado laboralista e fundador en 1980 da Asociación Pro Enfermos Mentais. Faleceu en 2013.  

O próximo sábado ás sete da tarde terá lugar no cine Alovi das Pontes un acto de lembranza daqueles feitos. Inaugurase un mural executado estes dias polo artista Yoseba Muruzabal.
 

Na imaxe, Sfhir realizando o mural "A violonchelista de Fene", proclamando o mellor do mundo en 2023

Agosto de 2023

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora