Un museo único

Un museo único
14 de Xaneiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrolterra non se entende sen ter en conta o desenvolvemento da construción naval. A súa evolución reflíctese nun interesante espazo cultural, o Museo da Construción Naval EXPONAV, que nos convida a visitar a técnica en Turismo Estefanía Purriños. Está no Edificio de Herrerías, construído no século XVIII e restaurado no XXI, que tamén acolle as instalacións do Museo Naval. 

ESCOITA O PODCAST:

“Servir de punto de encontro entre sociedade, industria e comunidade científica e tamén conservar, protexer e valorizar os obxectos que pola súa importancia histórica son parte do patrimonio ferrolán” son os obxectivos do Museo da Construción Naval. Nas súas instalacións atopamos información sobre a evolución dos estaleiros, da carpintería de ribeira ou restos da fragata Santa María Madalena que afundiu na ría de Viveiro en 1810. Tamén podemos ver unha sala de gálibos, onde se trazaban as liñas a escala natural do buque para despois construír os modelos, así como as ferramentas que se utilizaban ou unha zona adicada ás canles de Experiencias Hidrodinámicas. Navantia ten unha sala propia e Astano outra, con maquetas da grúa Pórtico, o Arteaga e a súa historia. Hai tamén un espazo dedicado aos faros e sinais marítimos, con ópticas de faros como o de Estaca de Bares. 

Cultura

Publica o teu comentario agora