ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene gañará un novo centro cultural. Na parroquia de Sillobre hai previsto un proxecto para instalar na Escola Unitaria un espazo museístico. Queren que a escola teña unha nova vida dedicada a lembrar a historia e o patrimonio cultural da parroquia e da contorna rural de Fene. Contan co respaldo do Concello e traballan no proxecto a Sociedade Agarimo e a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga. Eva Fraga, José Sardiña e Antón Casal informaron do proxecto en Radio Fene.
“Transmitir de onde vimos ás novas xeracións” busca o proxecto para crear un espazo museístico na Escola Unitaria de Sillobre, explica Eva Fraga. “Temos moita ilusión, pero tamén moito traballo por diante”, sinala. Preservar e dar a coñecer “unha riqueza que está aí, escondida, como as lavandeiras estaban durmidas no río”, apunta José Graña. Para sacar adiante a iniciativa contan con asesoramento profesional “Aconsellar e acompañar a esta iniciativa é a nosa función principal, queremos que parta da veciñanza”, destacou Antón Casal respecto do labor do que se ocupará a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga.
Publica o teu comentario agora