Un museo vivo

Un museo vivo
12 de Febreiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Allariz

O interese por manter a memoria colectiva dun feito excepcional en Galicia e en España. É un fenómeno moi singular de localidades concretas como Benasque e Quintela de Leirado. Centos de habitantes dese concello de Ourense da comarca de Celanova foron a Guinea xa desde o século XIX. Alí hai escasamente un mes inaugurouse un museo da emigración a Guinea Ecuatorial. Falamos cun dos promotores do museo, Pablo Pérez. 

ESCOITA O PODCAST:
José Antonio Pérez e Pablo Pérez

O setenta por cento dos habitantes de Quintela de Leirado foron emigrantes en Guinea Ecuatorial. O relato audiovisual recupera esa memoria nun espazo que pretende converterse nun museo vivo. Pablo Pérez fala das liñas de actuación do Museo. Na imaxe José Antonio Pérez (emigrante en Guinea e actual alcalde de Quintela de Leirado) e Pablo Pérez (deputado provincial).

Cultura

Publica o teu comentario agora