Un neno de 3 anos morreu esta mañá nas instalacións do colexio Liceo A Paz, na Coruña

Un neno de 3 anos morreu esta mañá nas instalacións do colexio Liceo A Paz, na Coruña

30 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Segundo as informacións facilitadas desde o centro, o menor faleceu afogado na piscina do centro durante unha clase de natación. O 061 recibiu o aviso do accidente ás 10.40 da mañá e mobilizou unha ambulancia medicalizada, que se desprazou ao centro educativo. O persoal sanitario intentou reanimar durante 40 minutos ao pequeno, pero non puido salvar a súa vida. O Liceo La Paz é un colexio privado de carácter concertado sito nas proximidades da

Ao colexio acudiron esta mañá efectivos da Policía Local e da Policía Nacional, así como o xuíz que ordenou o levantamiento do cadáver. O corpo do menor foi trasladado, sobre as 12.30 horas, ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) para realizarlle a autopsia.

O centro deu avisou inmediatamente do sucedido á familia do neno, que se trasladou ao centro ao coñecer a noticia. Así mesmo, á última hora da mañá a dirección do Liceo La Paz cologu na súa páxina web un comunicado no que expresa o "desgusto" de toda a comunidade educativa polo sucedido e traslada as súas "máximas condolencias" aos pais e aos demais familiares do alumno falecido, que cursaba estudos de Educación Infantil.

No seu comunicado, a dirección do centro cualifica de "incidente" o ocorrido na piscina do centro, un término que un portavoz do colexio xustificou argumentando que, polo dagora, e ata que se aclaren as causas do sucedido, "non pode falarse de accidente", apuntou.

Asegurou que, por esta razón e por indicacións do xulgado e da Policía, tampouco farán declaracións. No entanto, remarcou que a piscina contiña "todos os medios de seguridade correspondentes" e engadiu que cando os nenos realizan esta actividade "hai polo menos tres monitores, ata ás veces catro".

Así, sinalou que no momento en que se produciu este suceso había tres monitores na piscina e subliñou que todos "teñen a titulación adecuada para o que se realiza no centro". O persoal presente cando se produciron os feitos atópase xa prestando declaración no xulgado que instrúe a causa.

Así mesmo, este portavoz confirmou que o centro seguirá coa súa actividade lectiva "normal", aínda que manterá pechada a piscina. "Outra cousa é os actos que se fagan", apuntou en alusión ás mostras de condolencia que se programen por parte da dirección do centro, que mantivo unha reunión na mañá de hoxe.

O alcalde da Coruña, Javier Losada, e un membro da Consellería de Educación puxéronse tamén no transcurso da mañá en contacto co centro, que tamén recomendou a algúns pais que se trasladaron ao lugar que seguisen levando aos seus fillos ás clases como fan habitualmente.

Sociedade