Un novo concerto contra as Minas de Erimsa será a primeira das medidas en contra da modificación da lei do solo que afecta á actividade extractiva

Un novo concerto contra as Minas de Erimsa será a primeira das medidas en contra da modificación da lei do solo que afecta á actividade extractiva

14 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Comisión de Asociacións en contra das Minas da Terra Chá continúa coas súas accións para frear a actividade extractiva da empresa Erimsa en varios concellos chairegos, despois da modificación da Lei do Solo do pasado 31 de marzo, onde se substituíu a prohibición existente de realizar actividades mineiro-extractivas en solo rústico de protección agropecuaria pola “posíbel autorización por parte da comunidade au

Por elo, desde esta asociación chairega se pretende exercer a máxima presión sobre “os nosos gobernantes para que non se leve a cabo o permiso para que Erimsa poida levar a cabo as súas actividades extractivas na Terra Chá”.

Así, a primeira das medidas adoptadas pola institución ecoloxista é un concerto que se celebrará no recinto Manuel Vila López de Muimenta o vindeiro sábado 22 de maio. Os grupos que tocarán na vila chairega serán Ruxe-Ruxe, Zenzar, García Dj (de Dios ke te crew), De Perfil e Banda Potemkin.

Outras das actividades que se levarán a cabo serán unha xornada informativa, sobre as 16.00 horas, con xuristas, técnicos e representantes da Comisión. Outro dos actos a ter en conta será unha mesa redonda, que comezará contra as 17.00 horas, onde se abordará este problema e que contará con Alfonso Blanco Torrado, Xavier Cordal, Margarita Ledo Andión ou Darío Xohan Cabana. Ademais, a xornada tamén servirá para poder preguntar aos membros desta asociación as dúbidas que os veciños poidan ter sobre este novo escenario lexislativo.

Sociedade