ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un dique seco en Navantia Fene de trescentos noventa metros de longo por setenta de ancho. O proxecto constitue unha oportunidade para cubrir a demanda internacional tanto en novas construcións como en reparacións. Podería financiarse cos fondos do Banco Europeo de Investimentos do denominado Plan Junckers, segundo apunta a asociación Iniciativa Empresarial do Noroeste.
O Plan da Unión Europea dotado con 21.000 millóns de euros ten por obxecto apoiar actuacións de carácter estratéxico que contribuian a impulsar a economía real. O seu fin cadra perfectamente co tipo de proxectos como o dique seco en Fene, segundo asegura a asociación empresarial. A entidade presidida por Manuel Pérez salienta que Navantia non pode deixar pasar unha oportunidade de futuro que contribuia a aliviar os baixos niveis de ocupación.
Xa en 2014 a deputada de Alternativa Galega de Esquerda Yolanda Díaz reclamou a construción dun dique seco. Daquela reclamaba un dique seco e cuberto, ainda sen concretar a súa ubicación en Fene ou Ferrol.