Un novo helicóptero de salvamento instalarase en Galicia a mediados de maio

Un novo helicóptero de salvamento instalarase en Galicia a mediados de maio

31 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un novo helicóptero de salvamento instalarase en Galicia a mediados de maio. Irá equipado coa última tecnoloxia e o seu valor ascende a 13 millóns de euros, segundo anunciou esta mañá en Fene o ministro de Fomento José Blanco. O novo Helimer, non implicará a substitución do anterior, senón que ambos pasarán a formar parte da flota. Galicia pasará a ter dous helicópteros de SASEMAR. Inicialmente os dous operarán

Fene albergará a base de salvamento e loita contra a contaminación máis avanzada das seis que operan en España, manifestou este mediodía en Fene o ministro de Fomento José Blanco. O goberno investirá na construcción da base de Vilar do Colo caseque 8 millóns de euros.
Segundo Blanco, será a base máis avanzada porque é a única que contará con instalacións propias de nova construcción, pensadas de xeito específico para os servizos que vai albergar. E será, xunto coa de Sevilla, a de maior superficie e capacidade de almacenamento e xestión de equipos de toda España. O ministro de Fomento reiterou o seu compromiso de traballar para que os máis de 1.700 quilómetros da costa galega non se encontren desprotexidos nunca máis. Non quere que se repita unha situación como a de novembro de 2002, cando non existían bases deste tipo.

A función principal desta base será o mantemento, reparación e xestión do material de loita contra a contaminación, así como a infraestructura loxística e de provisión de persoal técnico e buceadores para as emerxencias marítimas que o requiran. A superficie da parcela en Vilar do Colo acada os 19.702 metros cadrados. A construcción ocupará 6248 metros cadrados e distribuirase en catro zonas: unha nave fechada, unha nave aberta, edificio auxiliar ou de oficinas e área de crise. Nesta base almacenarase e manterá o ROV Comanche, un vehículo submariño de control remoto, do que dispón Salvamento Marítimo para operacións subacuáticas a grande profundidade.

José Blanco tamén asinou este mediodía co alcalde de Fene Iván Puentes un convenio para o mantemento do peche e a construcción de cruces peonís de vía a distinto nivel da liña ferroviaria. Construirase un paso soterrado á altura do apeadeiro de Perlío e outro elevado na zona do Cruceiro. As actuacións servirán para preservar e mellorar a seguridade dos cidadáns de Fene, garantindo que a  circulación do tráfico ferroviario non supoña un risco para eles.

O Ministerio de Fomento sacará a vindeira semana a información pública o estudo informativo do acceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol. Anunciouno así esta mañá o titular do departamento José Blanco no transcurso da súa visita á cidade departamental. Despois de culminar o acceso por estrada a Caneliñas, agora é preciso avanzar no acceso por ferrocarril, segundo José Blanco.

O ministro de Fomento tamén confirmou a realización dun estudo de viabilidade sobre a plataforma loxística Leixa-Rio do Pozo e as súas posibilidades para albergar mercadorías ferroviarias. O informe estará listo antes do verán, segundo o membro do goberno. Blanco e Irisarri asinaron asímesmo un convenio para adecuar as marxes e os accesos na avenida das Pías, estrada da Trincheira e Avenida de Nicasio Pérez. Unha vez rematadas as obras, faranse efectivas as cesións destes viais ao Concello de Ferrol, que se encargará do mantemento.

Sociedade