Un obradoiro de cociña aumentará este ano o programa do Entroido

Un obradoiro de cociña aumentará este ano o programa do Entroido

18 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene repartirá 6.500 euros entre as comparsas que participen no Entroido 2016. Comezan os preparativos da festa que ten o mércores de cinza (10 de febreiro) como día central e ademais festivo local. Todo discurrirá como en anos anteriores. As comparsas sairán en desfile dende a Rúa Río Cádavo e actuarán na praza do concello para rematar cun gran baile. Avanzase unha novidade; a celebración dun obradoiro, para nenos e nenas,

Contémplanse tres categorías: Comparsas de adultos ; Comparsas infantís (menores de 16 anos) e Comparsas de Fene (o 50% dos integrantes sexan veciños de Fene). Así mesmo, todas deben ter como mínimo 15 membros e están obrigadas a repartir as letras das cancións en galego entre o público para garantir o ambiente festivo.

Os 6.500 euros previstos polo Concello en concepto de axudas hanse distribuír do seguinte xeito: 2.000 € a partes iguais entre as comparsas de adultos de Fene; 500 € a partes iguais entre as comparsas infantís e os 4.000 restantes a partes iguais entre todas as comparsas de adultos participantes.

O Mércores de Cinza virá precedida do obradoiro de “Cociña Entroideira para nenos e nenas” que terá lugar o luns 8 de febreiro, a partir das 18:00 h, na parroquia de Perlío en local a determinar e a festa infantil o martes 9 de febreiro. A partires das cinco e media do serán, e na mesma praza do Concello, os máis pequenos da casa poderán gozar da actuación de Dinamo, así como dunha degustación de lambetadas de Entroido para todos os participantes.

Na páxina web do Concello de Fene  están as bases de participación.

Sociedade