ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un obradoiro gastro-sensorial sobre as ameixas abrirá ás 11,30 da mañá do sábado 5 de setembro a II Festa Mariñeira de Fene, no Paseo Marítimo Bieito Cupeiro, entre os portos de Barallobre e Maniños. O programa inclue unha homenaxe ao antropólogo sueco Staffan Morling, que puxo en valor os trincados, como lanchas características das rías altas. Ademáis dez sociedades de Fene cociñarán e servirán dur
No obradoiro, monitores e cociñeiras ensinarán a distinguir as distintas variedades da ameixa. Coñeceráse como se capturan e se comercializan e se degustarán os bivalvos cociñados de distinto xeito. A actividade conta con prazas limitadas e as persoas interesadas deben apuntarse no teléfono 981 492767.
A concellería de Promoción Económica organiza a II Festa Mariñeira de Fene contando coa colaboración do movemento asociativo da localidade. Desenvolveráse dende as once e media da mañá ata a noite. Acudirán representantes da asociación de embarcacións tradicionais "Os Galos" de Bueu.