Un panel interactivo nas mámoas de Monte Penide

Un panel interactivo nas mámoas de Monte Penide

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Técnicos da Consellería de cultura realizan un inventario das mámoas e dos distintos elementos que conforman o conxunto arqueolóxico de Monte Penide. Este é o primeiro paso dunha serie de trámites que deberían concluir coa declaración do espazo como BIC (Ben de Interese Cultural). A necrópole recuperaba onte o panel informativo que permite localizar e coñecer polo miudo un dos elementos mási i

A concellería de cultura encargou ao arqueólogo Xurxo Constela quen optou por un deseño máis interactivo do novo panel. Así, ademais de proporcionar explicacións arqueolóxicas sobre as partes da mámoa, datos sobre a súa orixe e a súa utilización, o panel está ilustrado por un mapa no que se sinala a ubicación das numerosas mámoas que hai na necrópole, a mais importante da provincia de Pontevedra por número de túmulos.

A necrópole remóntase ao periodo neolítico e actualmente está formada por máis de trinta mámoas que se atopan en proceso de declaración de Ben de Interés Cultural.

Sociedade