ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A entrega das xogadoras foi tal que as contrariedades anteriores ao partido quedaron eclipsadas por un empate valiosísimo. O Cultural Maniños é quinto, con 16 puntos.
A pesar de todas as contrariedades ás que tivo que enfrentarse o Cultural Maniños feminino, as do Pote empataron no campo das primeiras clasificadas, o Galicia de Caranza. En empate a uns acabou o encontro que o técnico Carlos Gómez califica de "partidazo" das súas xogadoras. O técnico encontrouse con que non podía contar con catro xogadoras, ben por razóns laborais ou por lesión. Cris embarcaba ese dia pero vestiuse para xogar 15 minutos. "Puxeron todo da súa parte" afirma o técnico do Maniños.
Na primeira parte gozaron de varias ocasións pero o balón non foi quen de entrar. Antes do descanso marcou o Caranza. A segunda parte foi máis igualada e Rebe puxo o gol da igualada. O próximo domingo ás 11 da mañá, o Cultural Maniños recibe ao Eume.
Publica o teu comentario agora