Un partidazo

Un partidazo digno de semifinais
24 de Febreiro, 2020 - 10:15 h. | Publicada por Radio Fene

Narón 3- Perlío 3. Todo queda aberto para a volta de semifinais da copa que se xogará nos Pinares. O Perlío xa pensa no Cariño, próximo rival na competición ligueira.

ESCOITA O PODCAST:

"Un partidazo digno de semifinais". Así definiu o técnico do Perlío o encontro de semifinais de copa que enfrentou ao equipo dos Pinares co Narón no campo do Cadaval, onte domingo. O público disfrutou dun gran encontro que acabou con empate a tres, así que todo está aberto e o equipo segue vivo para a volta na casa.

Xa falando do partido celebrado onte, a primeira parte foi máis do Perlío, poñéndose por diante cun gol de Gabeiras a pase de Pocho. Ademais contiveron ben ao rival pero un erro no despexe dun balón custoulles o empate. Antes da segunda parte, Pocho marcou o segundo para o Perlio. Na segunda metade do encontro o Narón saíu forte e xogou máis a gusto. O Perlio aguantou ben o embite. "A defensa traballou ben e en bloque" en palabras do técnico do Perlío, pero no minuto 75 reciben o terceiro gol do Narón que parecía definitivo.

Contra todo pronóstico, a través da transformación dun penalti por parte de Isma, o Perlío marcou o terceiro gol e sentenciou o empate. Chechu Piñeiro amosouse moi satisfeito polo esforzo do equipo que deixa aberta a volta de semifinais nos Pinares. Agora toca descanso como gratificación e porque estamos de antroido.

O Perlio volve aos adestramentos o xoves e venres para preparar o novo choque de liga contra o Cariño. Un equipo que mestura veteranía e xuventude. Afirma Chechu que se traballan coma onte, sacarán o partido adiante. O encontro  xogase nos Pinares.

(na imaxe, de esquerda a dereita, os xogadores do Perlío Raul, Varela, Gabeiras e Deive).

Deportes

Publica o teu comentario agora