Un partido bastante igualado

Un partido bastante igualado
08 de Outubro, 2018 - 12:45 h. | Publicada por Radio Fene

Barallobre 2 – 0 Maniños B. Encontro da Segunda Galicia de fútbol xogado no campo do Ramo. “Na segunda parte tivemos duas ou tres ocasións que chegamos ben á meta contraria e para o porteiro do Maniños” manifesta o adestrador do Barallobre Öscar Varela. “Levamos tres vitorias seguidas, porque nos favoreceu o calendario, pero queda moito por traballar, cun par de partidos complicados que van ser decisivos e importantes” suliña o técnico.

ESCOITA O PODCAST:
Barallobre 2 - 0 Maniños B

“Un partido bastante igualado, cunha primeira parte na que xogamos máis ao balon en largo. Non nos crearon perigo ata unha xogada desafortunada no minuto 40 cando metemos en propia meta” suliña o adestrador do Maniños B Manel Freire. Nos últimos vinte minutos creamos ocasións, pero non tivemos fortuna nos últimos metros.
O obxectivo do equipo é a formación de xogadores, son rapaces novos con moita ilusión pero escasa experiencia. “Fáltanos veteranía pero estou moi contento co traballo dos chavales porque competimos en todos os partidos e hai moi boa progresión desde que comezamos en agosto” conclue o técnico..

 

Deportes

Publica o teu comentario agora