Un partido bonito

Un partido bonito
03 de Xuño, 2026 - 01:46 h. | Publicada por Radio Fene

“Pasou o que pasou”. Con esta frase resume o adestrador do Maniños feminino, Xurxo Rodríguez, o marcador do último partido que disputou o equipo no campo do Pote da actual tempada da Liga de fútbol na Segunda División Galega. Maniños 2-3 Corme. 

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños perdeu no último minuto. “Un partido bonito, foi unha pena que o resultado non acompañara ao xogo porque as rapazas xogaron moi ben”, sinala o preparador do Maniños. Púxose costa arriba pronto, ao acabar a primeira metade o Corme ía gañando por dous goles, pero o Maniños foi quen de recuperar o terreo perdido. Dous goles de Cris e Lorena lograron o empate. “Remontamos, empatamos a dous pero na última xogada, na saída dunha falta, marcaron”. 

Falta un partido

A tempada na Segunda División Galega de fútbol feminino acabou pero non para o Maniños. Aínda lle queda un desprazamento a Lugo para xogar o partido adiado contra o San Lázaro. De momento non se sabe a data do choque.

Deportes

Publica o teu comentario agora