Un partido cada dous dias

Un partido cada dous dias
08 de Febreiro, 2021 - 10:18 h. | Publicada por Radio Fene

Tres confinamentos e tres partidos aprazados obrigaron ao Parrulo-Ferrol a xogar cada dous dias, unha brutalidade, en palabras do seu técnico, Héctor Souto. O sabado gañaron co Osasuna e mañá enfrontanse ao Cartaxena.

ESCOITA O PODCAST:

Veñen de superar o encontro do sábado co Osasuna cun resultado de 6-3, tres puntos moi importantes porque se trata dun dos rivais máis complicados. Os ferroláns fixeron un bo partido que da ánimos para seguir. “Mañá xogamos co Cartaxena, adestrado por unha lenda deste deporte. Temos que ser intelixentes”. Son as palabras do adestrador do Parrulo-Ferrol, Héctor Souto quen nos adianta a suspensión do encontro que debían disputar o próximo xoves fronte ao Pozo Murcia, a causa de que os rivais teñen un caso positivo en Covid19. Será a terceira vez que se adía este encontro. Lamentando o motivo, Héctor Souto recoñece que lles ven ben porque son moitos partidos a xogar nunha semana. Suspendido o Pozo, despois do Cartaxena de mañá, non terán que xogar ata o domingo. En total restan por disputar ao equipo ferrolán da primeira de fútbol sala cinco encontros de aquí ao 23 de febreiro, con dous desprazamentos de 1000 km, a Barcelona e a Valdepeñas. “Foron tres confinamentos e tres partidos aprazados. Cada dous dias estamos xogando un partido e iso dificulta manter o pulso da competición. Unha brutalidade. Os xogadores necesitan descansar”, declara Souto.

Recoñece o técnico do Parrulo que o primeiro equipo está pasando dificultades pero, se miramos abaixo, o club ferrolán é unha referencia. “Salvando as circunstancias sanitarias actuais a nosa escola é o máximo”. En relación con outros deportes, o fútbol sala é un deporte que está a medrar, en palabras de Souto. Os equipos reforzáronse este ano e cada vez teñen un mellor sostén económico. E o que é moi importante, medra a repercusión mediática.

Héctor Souto é o técnico que máis tempo pasou a carón de Bruno Garcia, para el e para outros “un auténtico referente mundial deste deporte”. Non ten máis que boas palabras para o técnico de Ferrolterra. “Traballador incansable, intelixente, cunha traxectoria moi longa...”. O Parrulo ten tamén unha traxectoria moi longa desde que nacera en Ferrol no ano 1988. Na Malata escribiu páxinas de emoción e gloria.

Deportes

Publica o teu comentario agora