Un partido de quince minutos

Quince minutos
30 de Novembro, 2018 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

Xuventude de Cabanas e Barallobre deberán xogar os quince minutos que restan do partido de fútbol da Segunda Galicia, suspendido o pasado domingo. O comité de competición indica que o encontro suspendeuse no minuto 75 co resultado de empate a un gol, debido á negativa do delegado da S.D.Barallobre a abandonar o terreo de xogo.

Marcos Díaz e David Maceiras defenden a portería da S.D.Barallobre

Concedeulle un prazo de dous dias aos clubes para que propuxeran unha nova data para a continuación do encontro. O comité responsabilizar ao Barallobre dos gastos de arbitraxe na continuación do partido.

No encontro correspondente á segunda xornada, o Barallobre recibe este domingo no campo do Ramo ao Mandiá. Dirixe o partido o árbitro Víctor García.

Deportes

Publica o teu comentario agora