Un pasiño máis

Un pasiño máis
15 de Outubro, 2024 - 02:09 h. | Publicada por Radio Fene

“Un pasiño máis”. Primeiro punto sumado polo Maniños feminino no partido do domingo, correspondente á Segunda División Galega. Maniños 1-1 Silva. Noelia Leiras, adestradora do Maniños fai unha valoración moi positiva do xogo do equipo.

ESCOITA O PODCAST:

“Xogaron moi ben, loitamos ata o final, tivemos o dominio do partido, moitísimas ocasións, pero non o acerto”, sinalou a adestradora. Lucía Montero marcou para o Maniños, nun encontro que supuxo a recuperación da Capi, Lucía Seoane, “un referente para o equipo”, destacou Noelia Leiras, satisfeita do xogo do seu equipo fronte ao Silva. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora