Un paso adiante

Un paso adiante
25 de Novembro, 2024 - 11:36 h. | Publicada por Radio Fene

“Un encontro moi emocionante, ata o pitido final”. Así describe Gonzalo Beceiro, adestrador do Perlío B, o partido de fútbol da Terceira Futgal disputado onte no campo dos Pinares. Perlío B 2-2 Mandiá. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Perlío B Gonzalo Beceiro:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/251124BECEIRO.mp3

“Importante para a moral dos rapaces”, sinala o míster. O Mandiá controlou a primeira parte, que acabou cun 0-2, pero o Perlío B foi quen de plantarlle cara na segunda metade. Arriscaron e saíu ben. “Foi importante dar ese paso adiante no segundo tempo que nos permitiu non perder o partido contra un bo equipo”.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora